O Festival
Chega a cuarta edición de Porta Máxica, un festival que traerá á cidade de Ferrol a algúns dos mellores ilusionistas do mundo durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2022. A nova edición contribúe a continuar o traballo de afianzamento do festival como unha cita ineludible para o Nadal ferrolán e a maxia nacional.
O proxecto está dirixido por Martín Varela, ilusionista ferrolán que, xunto co seu equipo, creou inicialmente a idea do festival e se encarga da coordinación do ciclo. Conta coa colaboración do Colectivo Máxico Lorc & Julit de Ferrol, que leva máis dunha década traballando por visibilizar a maxia en Ferrol, e a produción é de Thinking Up Events, unha empresa cunha ampla experiencia no ámbito da produción cultural.
Durante o 2, 3 e 4 de xaneiro, a ilusión invadirá Ferrol en forma de diferentes actividades: obradoiros, nos que os máis pequenos poderán aprender a facer maxia, actuacións solidarias no Complexo Hospitalario Universitario, na Residencia de Maiores e, por suposto, no Teatro Jofre, que será o anfitrión das galas de maxia.
O Concello de Ferrol fará aparecer a todo tipo de magos para a ocasión. Nesta edición contaremos con Brando e Silvana (Arxentina), Mikael Szanyiel (Francia), Miguel Muñoz (Madrid), Nuel Galán (Valencia), A Maga Fani (A Coruña), Martín Camiña (A Coruña), David Maestro (A Coruña), Coke Couto (Ferrol), Juan Vidal (Ferrol), Mago Fon (Ferrol), Mago Foje (Ferrol) e Martín Varela (Ferrol). Estes ilusionistas atravesarán a Porta Máxica e chegarán a Ferrol para traer toda a súa ilusión.
Programa
Domingo 2
11:30 - Apertura do Festival - Vestíbulo Teatro Jofre
12:30 - Obradoiros de maxia - Carballo Calero
17:00 - Obradoiros de maxia - Caranza
18:30 - Espectáculo David Maestro - Caranza (Entrada libre)
Luns 3
11:00 - Obradoiros de maxia - Canido
12:30 - Obradoiros de maxia - Biblioteca Municipal
17:00 - Espectáculo Fani Triana e Martín Camiña - Torrente Ballester (Entrada libre)
20:30 - Gala Lorc & Julit - Teatro Jofre
Martes 4
11:30 - Maxia Solidaria - Residencia Maiores Caranza
13:00 - Maxia Solidaria - Centro de Menores
18:00 - Gala Porta Máxica - Teatro Jofre
20:30 - Gala Porta Máxica - Teatro Jofre
Obradoiros
Queres ser maga/o? Dende a organización de Porta Máxica creamos un espazo para que as nenas e nenos de Ferrol poidan aprender algúns efectos e convertirse en aprendices de ilusionista.
Os obradoiros de maxia de Porta Máxica teñen por obxectivo achegar a arte da ilusión aos máis pequenos. Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos poderán participar en 4 obradoiros con prazas limitadas a 20 alumnos en cada un:
As inscripcións poderán realizarse no rexistro do Concello. As prazas serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción. Os prazos serán anunciados na páxina web e redes sociais do festival.
Os rapaces e rapazas aprenderán os rudimentos da arte do ilusionismo, combinando a posta en escena con algúns números que eles mesmos poderán fabricar no obradoiro, para o cal se lles facilitarán os elementos necesarios. Poderán levar ás súas casas o material para continuar practicando xunto aos seus familiares.
Os profesores serán os ilusionistas profesionais Fani Triana e Martín Camiña, coa colaboración dalgúns dos magos do Colectivo Máxico Lorc & Julit, que teñen experiencia de centos de actuacións fronte a públicos diversos. Estes profesionais compartirán a súa experiencia e coñecemento para espallar o gusto pola maxia en Ferrol. *Este obradoiro está limitado a 15 participantes por cuestións de aforo.
Para acceder ás instruccións introduce o contrasinal: Pulsa aquí para descubrir os segredos
© Todos os dereitos reservados. ® Porta Máxica