Porta Máxica é un festival de ilusionismo que se celebra na cidade de Ferrol e que xa conta con 4 edicións realizadas. Este ciclo converteuse nunha referencia no mundo da maxia en Galicia e na programación da cidade. Ademais, durante cada edición, hai máis de 12 actividades relacionadas coa maxia, como obradoiros para nenas e nenos, celebrados en asociacións veciñais e espazos municipais, espectáculos de maxia en hospitais, residencias de maiores e menores, galas de maxia no teatro Jofre, espectáculos familiares e moitas outras actividades para todas as idades e gustos.
o proxecto
Primeira edición do festival, celebrada entre o 2 e o 4 de xaneiro de 2018, cun gran éxito de público e crítica.
Con DÚO KYBALION (Rusia e Arxentina), TA NA MANGA (Portugal), TECNOMAGOS (Barcelona), PABLO CÁNOVAS (Córdoba), KAYTO (Madrid), MARTÍN CAMIÑA (A Coruña), A MAGA FANI (A Coruña), ÁLVARO MURAS (A Coruña) MAGO FOJE (Ferrol), JUAN VIDAL (Ferrol), CARRIE MISSTAKE (Ferrol), COLECTIVO MÁXICO LORC & JULIT (Ferrol), MARTÍN VARELA (Ferrol).
2018
Neste vídeo resumo atoparás os mellores momentos do festival realizado en 2018 por Cuerda Floja Producciones
Segunda edición do festival, celebrada entre o 2 e o 4 de xaneiro de 2019.
Con GAËTAN BLOOM (Francia), JORDAN GOMEZ (Francia), EL GRAN CARLINI (Barcelona), MAG MARÍN (Barcelona), ALEX TORRES (Carballo), JOSHUA KENNETH (A Coruña), MARTÍN VARELA (Ferrol), COLECTIVO MÁXICO LORC & JULIT (Ferrol)
2019
Neste vídeo resumo atoparás os mellores momentos do festival realizado en 2019 por Cuerda Floja Producciones
Cuarta edición do festival, celebrada entre o 2 e o 4 de xaneiro de 2022.
Participaron: BRANDO E SILVANA (Arxentina), MIKAEL SZANYIEL (Francia), DAVID SOUSA (Portugal), NUEL GALAN (Valencia), MARTÍN CAMIÑA (A Coruña), A MAGA FANI (A Coruña), DAVID MAESTRO (A Coruña), COKE COUTO (Ferrol), JUAN VIDAL (Ferrol), MAGO FON (Ferrol), MAGO FOJE (Ferrol), MARTÍN VARELA (Ferrol), Colectivo Máxico Lorc & Julit (Ferrol).
2022
Nestas fotografías de Ismael Miján resúmese o que foi Porta Máxica 2022